lunes, 7 de enero de 2013

Outono de 2004: Un mar de vida

En 2004, con motivo do segundo aniversario do afundimento do Prestige e como parte da programación cultural de outono, o Concello de Ribadeo organizou unha serie de actividades baixo o nome de Un mar de vida.

14/12/2004 (La Voz de Galicia)
O 11 de novembro, tivo lugar a proxección do documental Muxía, política na Costa da Morte (2003), dirixido por Roberto Llovo e no que se analiza a repercusión que a catástrofe do Prestige tivo nas eleccións municipais de 2003.


Outra das actividades realizadas foi a presentación da obra Salitre, de Volta e Dálle Teatro.