Polas
pantalla dos cines da vila pasaron títulos como El mayor espectáculo del mundo (1952), Corsarios de Florida (1938), Policía
montada del Canadá (1940) e El prófugo (1931), entre outros.
CECIL B. DEMILLE (1881 – 1959)
Cecil B. DeMille foi
un director de cine norteamericano.
A súa carreira
comezou no teatro, xa que DeMille estudou Arte Dramático e debutou en Broadway
en 1900. Tamén foi actor e manager na compañía teatral da súa nai.
En 1913, fundou
xunto con Jesse Lasky e Samuel Goldwyn a compañía Jesse L. Lasky Feature, onde
produciron a que está considerada como a primeira película de Hollywood, El
prófugo (1914), dirixida polo propio DeMille.
Entre a súa extensa
filmografía, destacan os filmes épicos de temática
histórica e relixiosa, como por exemplo, Rey de reyes (1927), El signo de la
cruz (1932), Cleopatra (1934) e Los diez mandamientos (1956).
Cecil B. DeMille foi
un dos fundadores da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de
Hollywood e en 1949 recibiu un Oscar honorífico pola súa carreira.