domingo, 24 de febrero de 2013

Ribadeo e as curtas: Mr. Smith & Mrs. Wesson

O pasado venres 22 de febreiro, presentouse no cine Teatro a curtametraxe Mr Smith e Mrs Wesson, dirixida por Jorge Saavedra e protagonizada por Camila Bossa, Octavi Pujades, Luis Iglesia, Xabier Deive e María Mera, entre outros.

Programación cultural do Concello de Ribadeo. Febreiro de 2013

A proxección da curta estivo seguida por un monólogo de Víctor Grande no Molino.


SINOPSE: Mr Smith e Mrs Wesson (Jorge Saavedra, 2012) 

Mr Smith é reclutado por Kalashnikov, que está ao mando dunha axencia gubernamental encuberta que entrenaba asasinos, para preparar a un dos seus mellores axentes: Mrs Wesson.
Pero durante as longas sesións nas que Smith e Wesson ensaiaban a súa puntería e practicaban artes marciais, a atracción entre eles foi en aumento, ata converterse nun apaixonado romance que acabou chamando a atención de Cutter, subordinado de Kalashnikov.
Agora, Mr Smith debe abrirse paso entre un exército de asasinos comandados por Kalashnikov para recuperar o máis importante da súa vida...


Para coñecer máis información de Mr Smith e Mrs Wesson, botádelle un vistazo á súa web: