Durante varios anos celebráronse en
Ribadeo as Noites Curtas, un ciclo de proxeccións de curtametraxes organizado
polo Concello de Ribadeo coa colaboración de Mr. Misto Films.
Ao longo de 2005, houbo varias sesións
de proxeccións. Por exemplo, en abril estreouse no cine Teatro a curta Paquete, realizada por alumnos do curso de
iniciación á curtametraxe, impartido no Nadal de 2004.
Tamén se puido ver Acidman, do
colectivo audiovisual Elfarero:
En 2006, continuaron as proxeccións,
que se celebraron os venres no cine Teatro.
06/02/2006 (La Voz de Galicia) |
Axenda cultural 2006 |
En febreiro de 2007, tamén houbo Noites
Curtas, coa presenza dos directores Joao
Rodicio, Juan de Oliveira e Xoán de Vilaxoán.
As curtas proxectadas foron Sanatorio,
Pulgas, Surfer, Masacre e Marta.
As Noites Curtas de 2008 incluíron unha
novidade importante: as proxeccións trasladáronse a algúns bares e pubs
ribadenses, como por exemplo, o Molino, o Ribanzo, o Galicia ou o Tatoo.
As curtas proxectadas nesta ocasión
foron: O talento do señor Carrack, O tren da vida, O Sus, Sen escrúpulos, 1936.Ribadeo, Límite 12 hrs, Os quitadores de ferro, No tardes, 1977, Leo, Ecos,
Adeus Edrada, Mimoume, etc.
15/02/2008 (La Voz de Galicia) |