A finais de xullo de 1950,
os espectadores do Colón puideron ver o filme Un nido de víboras,
protagonizado por Olivia de Havilland e Mark Stevens.
29/07/1950 (Las Riberas del Eo) |
29/07/1950 (Las Riberas del Eo) |
Nido de víboras
(1948) Anatole Litvak
Virginia é unha
xove escritora que acaba de prometerse cun aposto editor chamado Robert
Cunningham. Todo parece ir sobre rodas cando, inesperadamente, ela desaparece durante tres meses. Unha tarde, Robert e Virginia atópanse e ante o
medo de perdela de novo, el convéncea para que vaia ao psiquiatra e solucione
os seus problemas emocionais.
Ao parecer, algo
ocorrido no pasado ten que ver co seu comportamento temeroso cos homes e co seu
permanente sentimento de culpabilidade.
Internada nun
centro de saúde mental, a moza ve no doutor Mark Kik o seu posible salvador...