Portada de Cines de Galicia |
Os cines de Ribadeo están presentes no libro, aínda
que, lamentablemente, algúns dos datos indicados non son de todo correctos,
polo que neste post tratarei de aclarar e corrixir parte desa información.
A publicación inclúe unha recopilación de máis de 800 cines
de Galicia, dos que se indican o seu nome, a súa ubicación (localidade e rúa na
que se atopa), o arquitecto do edificio e as datas de inauguración e clausura
das salas.
No caso de Ribadeo, figuran seis cines: Eo, Galaxia, Teatro
Principal, Cine Teatro Ribadeo, Colón e Cinelandia, é aquí onde xa se atopan
os erros fundamentais.
En canto ao salón Eo, tamén coñecido como salón Morán, hai que indicar que foi inaugurado no ano 1934 e posteriormente convertiuse no cine Galaxia. Aínda que non se coñece a data precisa da súa clausura, segundo os datos recollidos, pódese afirmar que probablemente pechou en torno a 1940.
En canto ao salón Eo, tamén coñecido como salón Morán, hai que indicar que foi inaugurado no ano 1934 e posteriormente convertiuse no cine Galaxia. Aínda que non se coñece a data precisa da súa clausura, segundo os datos recollidos, pódese afirmar que probablemente pechou en torno a 1940.
O salón Eo en Cines de Galicia |
O Galaxia en Cines de Galicia |
Por outra banda, contan o Teatro Principal e o cine Teatro Ribadeo como se fosen dúas salas diferentes, cando en realidade,
son a mesma en distintas épocas. Ademais, na foto pódese ver que ubican o cine
Teatro Ribadeo nuns edificios nos que nunca houbo ningún cine e explican que a
clausura da sala foi en 2005 ou 2006. Se nos fixamos, esta data aproxímase
bastante á do peche do cine Teatro: o 23 de maio de 2003.
O Teatro Principal en Cines de Galicia |
O cine Teatro Ribadeo en Cines de Galicia |
En canto á información do cine Colón, están
bastante acertados, pero postos a corrixir e tendo en conta os anuncios de Las
Riberas del Eo, hai que puntualizar que non se inaugurou o día 23 de agosto,
senón o domingo 21.
O Colón en Cines de Galicia |
20/08/1949 (Las Riberas del Eo) |
No que se refire a Cinelandia, indican que pechou en 2011, o
que tamén é un erro, xa que por fortuna, na actualidade (e esperemos que por
moito tempo) aínda podemos desfrutar deste cine en Ribadeo.
Cinelandia en Cines de Galicia |
Polo tanto, sería máis axeitado afirmar que en Ribadeo
existiron os seguintes cines ao longo da historia: o salón Eo ou salón Morán,
que posteriormente se converteu no Galaxia; o Teatro Principal, que tamén se
coñeceu como cine Teatro; o Colón e Multicines Cinelandia.
De todos os xeitos e a pesar de que lendo esta entrada poida
parecer o contrario, recoméndolle a todos os que teñan a ocasión, que lle boten
un vistazo ao libro, xa que nos permite ter unha idea global da historia dos
cines galegos. Ademais, merece a pena ver as numerosas fotografías que inclúe e
que nos axudan a lembrar moitos dos nosos cines, que por desgracia xa non se
conservan porque foron derruídos, están abandonados ou destinados a outros
usos.
E para rematar esta entrada, deíxovos aquí a imaxe que pecha
o libro: