En febreiro de 1932, coincidindo co baile do martes de entroido, celebrouse no Teatro a elección de Señorita Ribadeo 1932.
Ao día seguinte, un equipo da Paramount desprazouse a Ribadeo para gravar un noticiario no que se incluían imaxes da gañadora de Señorita Ribadeo 1932, "detalles da vida local" e "panorámicas da vila".
|
06/02/1932 (Las Riberas del Eo) |
|
14/02/1932 (La Comarca del Eo) |
|
13/02/1932 (Las Riberas del Eo) |
|
14/02/1932 (La Comarca del Eo) |
O mércores 14, no Gran Hotel Ferrocarrilana celebrouse un banquete para agasallar á escollida como Señorita Ribadeo 1932, que tamén foi invitada ao cine:
|
21/02/1932 (La Comarca del Eo) |
Un mes despois, proxectouse no cine Teatro o resultado da gravación: o Noticiario español número 41, que levaba por título Ribadeo:
|
12/03/1932 (Las Riberas del Eo) |
O programa completouse coa proxección dunha película cómica e unha produción de Verdaguer - Cines.
|
12/03/1932 (Las Riberas del Eo) |
|
Ramonita Rodríguez, Señorita Ribadeo 1932 |