A praia das Catedrais foi o escenario escollido pola rapeira viguesa Aid para a gravación do videoclip de Tiempo:
Tiempo é un dos temas incluídos no álbum Hacer lo que quiero, que sairá
á luz o vindeiro 28 de maio de 2013.
Aid lanzou o seu primeiro traballo, Aquí tenéis, en 2007. Ao ano seguinte
gañou o concurso Heineken Greenspace Festival, o que lle permitiu publicar o seu
primeiro disco profesional: Jugando.
O 28 de xullo de 2009, o seu single Boogie Vigo foi escollido Single
Latino da Semana en iTunes.
Aid tamén compuxo a canción Apréndeo, coa que foi imaxe da Televisión
de Galicia para a campaña Servizo público, a calquera hora.
En 2012 publicou Rapoemas, libro-disco no que se musican clásicos da
literatura galega de autores como Rosalía de Castro ou Curros Enríquez.
Se queredes saber máis sobre Aid, visitade a súa páxina web: http://www.aid.gl/