jueves, 16 de mayo de 2013

Revistas de cine: Siluetas

Nos anos 30 era frecuente atopar en Las Riberas del Eo anuncios de revistas cinematográficas, como por exemplo Films selectos, Estampa e Radio y Cinema. Outra das revistas que tamén estaba á venda nas librerías ribadenses da época era Siluetas.

22/02/1930 (Las Riberas del Eo)

O primeiro número de Siluetas, editada por Julio Fernández e dirixida por Clemente Cruzado, saíu á rúa o 4 de xaneiro de 1930 en Madrid. A publicación tiña carácter semanal, aínda que como se pode ler no anuncio anterior, había números mensuais especiais.


Aquí podedes ver algunhas das portadas e das páxinas de Siluetas:

04/01/1930
19/04/1930


Se vos apetece ler algún exemplar de Siluetas, pinchade aquí, nesta hemeroteca web están dispoñibles varios números completos en PDF.