Con motivo do Ribadeo Indiano 2016 proxectouse en Ribadeo e na Devesa o documental A legacy of smoke (Un legado de fume), dirixido por Luis Argeo e James D. Fernández.
O venres 8 de xullo, a proxección e o posterior coloquio tiveron lugar no cine Teatro e o domingo 10, no Círculo Habanero da Devesa.
Programa Ribadeo Indiano 2016 |
Programa Ribadeo Indiano 2016 |
Hai que recordar que neste documental aparece Ángel Rañón, un emigrante natural da Devesa que traballou na industria tabaquera en Tampa.
(Pincha aquí para máis información).
Momento da proxección no cine Teatro Foto: Facebook Ribadeo Indiano. El Farero |
Un legado de humo (2014) Luis Argeo e James D. Fernández
A finais do século XIX en Tampa (Florida) a industria tabaqueira deu emprego a unha numerosa colonia asturiana. Xa son poucos os que teñen recordo daquel pasado, pero aínda quedan álbumes familiares cheos de imaxes e vivenzas.