miércoles, 30 de mayo de 2018

A sesión fémina no Cine Teatro

O prezo das entradas de cine foi variando ao longo dos anos. Durante algunhas décadas, dependía do día da semana do que se tratase (ao igual que aínda ocorre actualmente nalgúns cines, onde a entrada é máis cara a fin de semana) e tamén variaba segundo a zona da sala á que fóse o espectador: ás butacas, gradas, etc.

Ademais, nalgunhas ocasións había prezos especiais ou promocións que facían que a entrada saíse máis barata, como por exemplo, as coñecidas como sesións fémina.



En Ribadeo, nos anos 50, o Cine Teatro contaba con estas sesións, que non tiñan un día fixo establecido, pero que adoitaban celebrarse os mércores, xoves ou venres.



Este día, polo prezo dunha soa entrada, podía entrar unha parella. É dicir, era unha función na que as mulleres entraban gratis sempre que fosen acompañadas.
Estas sesións contaban con gran popularidade e estaban moi concorridas.