martes, 22 de mayo de 2018

Agosto de 1942

Esta foi a carteleira de agosto de 1942:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

Raza (1941) José Luis Sáenz de Heredia 

23.08.1942 (La Comarca del Eo)

Raza, dirixida por José Luis Sáenz de Heredia, está baseada na novela de Jaime de Andrade, pseudónimo de Franco, e é o filme máis característico do cine propagandístico do réxime na postguerra.



En 1950, tras o fin da II Guerra Mundial e a derrota dos fascismos de Hitler e Mussolini, fíxose unha reedición da película. Na nova versión, titulada Espíritu de una raza, elimináronse as referencias ás relacións co nazismo, procurando un achegamento aos Estados Unidos.
Ademais de suprimir escenas con diálogos comprometidos, alusións á Falanxe e imaxes do saúdo co brazo en alto, en Espíritu de una raza, o inimigo único é o comunismo, mentres que na orixinal facíase alusión a republicanos, masóns e burgueses.
O réxime franquista retirou e destruíu todas as copias de Raza e en 1996 apareceu en Alemaña unha versión íntegra da película, que permitiu comparala coa reedición de 1950.



Raza (1941) José Luis Sáenz de Heredia

O mariño Pedro Churruca morre en Cuba durante a guerra de 1898. A súa viúva, Isabel Acuña, educa aos seus fillos, que seguen camiños diferentes na vida: Isabel casa cun militar, Jaime entra nun convento, Pedro dedícase á política e José é militar. O comezo da Guerra Civil provocará a desintegración da familia.