domingo, 27 de mayo de 2018

1958: Proxeccións na inauguración da Residencia de Misioneiros da Consolata

O 6 de xullo de 1958, inaugurouse en Ribadeo a Residencia de Misioneiros da Consolata, de orixe italiano.

20.07.1958 (La Comarca del Eo)

Ademais dunha misa á que asistiu o bispo, un coloquio entre os asistentes e un acto no que se bendeciu a casa, no Teatro celebrouse a proxección de dúas películas: Sendero que sube e África, tierra del mañana.

13.07.1958 (La Comarca del Eo)

A casa inaugurada en Ribadeo foi a primeira da congregación en España e estaba ubicada no Xardín:

Casa da Residencia de Misioneiros da Consolata na actualidade