Pepa Flores, máis recordada como Marisol, é unha actriz e cantante nacida en Málaga en 1948.
Na década dos 60 acadou un gran éxito debido ás películas musicais que protagonizou sendo unha nena.
Durante a súa carreira como actriz traballou con importantes directores de cine como Juan Antonio Bardem, Carlos Saura e Mario Camus, entre outros. Tamén participou como invitada en shows da televisión estadounidense, traballou con directores internacionais como Mel Ferrer e foi premiada como mellor actriz infantil na Mostra de Venecia en 1960 polo seu papel en Un rayo de luz.
Ademais, Marisol representou a España na 1º edición do Festival da OTI, celebrado en Madrid en 1972, e no que quedou en 3º posto pola súa interpretación do tema Niña.
A partir dos anos 80 retirouse da vida pública e desde entón mantense totalmente afastada dela.
Esta noite, Pepa Flores recibirá o Goya de Honra pola súa traxectoria, nunha gala que se celebrará en Málaga.
Nos cines ribadenses puideron verse moitas das películas de Pepa Flores, como por exemplo o seu primeiro traballo: Un rayo de luz, proxectada no Colón en 1962:
12.08.1962 (La Comarca del Eo) |
19.08.1962 (La Comarca del Eo) |
26.08.1962 (La Comarca del Eo) |
24.10.1965 (La Comarca del Eo) |
Na pantalla do Colón tamén se puido ver Ha llegado un ángel, segundo filme de Marisol e no que interpreta unha das súas cancións máis populares: Estando contigo.
17.02.1963 (La Comarca del Eo) |
14.11.1965 (La Comarca del Eo) |
En 1962, estreouse Tómbola, que ao igual que as anteriores está dirixida por Luis Lucía Mingarro e proxectouse en xaneiro de 1963 no Cine Teatro:
26.01.1963 (Las Riberas del Eo) |
27.01.1963 (La Comarca del Eo) |
No comezo da súa etapa adolescente, a actriz protagonizou Marisol rumbo a Río, onde interpreta ás xemelgas Marisol e Mariluz, que levan anos separadas e tratan de reencontrarse.
28.03.1965 (La Comarca del Eo) |
La nueva Cenicienta, dirixida por George Sherman e rodada en inglés e español, estreouse no Cine Teatro en 1965:
29.08.1965 (La Comarca del Eo) |
En La historia de Bienvenido a famosa Marisol vai a un hospital a entreter aos nenos, contándolles a historia dun burriño chamado Bienvenido.
Chama a atención que non haxa constancia da proxección desta película en ningún dos cines ribadenses, dada a gran popularidade coa que contaba a actriz.
Búsqueme a esa chica, estreada en 1964, está protagonizada por Marisol e o Dúo Dinámico e puido verse no cine Colón:
31.12.1967 (La Comarca del Eo) |
A octava película de Marisol é Cabriola, dirixida polo estadounidense Mel Ferrer:
02.06.1968 (La Comarca del Eo) |
En 1968 proxectouse no Colón o filme Las cuatro bodas de Marisol, destacado porque nel escóitase por primeira vez á intérprete falando e cantando con voz de adulta.
22.09.1968 (La Comarca del Eo) |
Solos los dos, onde Marisol comparte protagonismo co toureiro Palomo Linares, non foi proxectada en Ribadeo.
Durante os anos 70, Pepa Flores seguiu protagonizando numerosas películas e algunhas delas, como La corrupción de Chris Miller, La chica del Molino Rojo e El poder del deseo, foron proxectadas no Teatro, o único cine da nosa vila nesa década:
27.04.1974 (La Comarca del Eo) |
11.05.1975 (La Comarca del Eo) |