Hoxe, día 24 de xaneiro, ás 20.30h proxéctase no cine Teatro o documental Estruturas. Pel contra pel, de Paco Gallego e Xosé Bocixa.
Tamén haberá un pase especial ás 12 da mañá para o alumnado dos centros educativos, como parte dos actos en torno ao tema do urbanismo e o maltrato da paisaxe, que se completarán cunha charla do arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto, presidente de Apatrigal e creador da conta de Facebook Canibalismo urbanístico e maltrato da paisaxe.
O documental amosa un conxunto de actuacións de responsabilidade colectiva que repercuten no urbanismo e na paisaxe: a explotación forestal, os tendidos eléctricos de proporcións desmedidas, a actuación humana ante o crecemento pobacional, o abandono do patrimonio, as obras inacabadas, a especulación, etc.