domingo, 31 de diciembre de 2023

Cine no Nadal 2023

Ao igual que en anos anteriores, o cine formou parte da axenda cultural do Nadal ribadense de 2023.



As proxeccións tiveron lugar o 26 e 27 de decembro ás 17.30h en Cines Ribadeo e a entrada custou 2€.


La Voz de Galicia (26/12/23)


As películas que se puideron ver foron:

MARTES 26

- O corno (2023) Jaione Camborda

- Wonka (2023) Paul King

MÉRCORES 27

- Aquaman y el Reino Perdido (2023) James Wan

- Migración. Un viaje patas arriba (2023) Benjamin Renner e Guy - Laurent Homsy

Foto: Facebook Concello de Ribadeo

sábado, 16 de diciembre de 2023

Cine LGTBIQ+ en xuño de 2022

En xuño de 2022, con motivo da celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+ realizáronse diversas actividades, entre as que se incluiu a proxección de 2 películas no Cine Teatro: Carmen y Lola e Sedimentos.


25/06/22 (La Voz de Galicia)

Carmen y Lola, dirixida por Arantxa Echevarría, presenta a historia de dúas mozas xitanas que comezan unha relación, a pesar do rexeitamento das súas familias e das discriminación sociais ás que se ven sometidas.


Sedimentos é un documental dirixido por Adrián Silvestre que recolle os testemuños de 6 mulleres trans durante uns días de convivencia, desde unha perspectiva respetuosa que aboga pola diversidade.

jueves, 14 de diciembre de 2023

Ribadeo e o cine: AS BESTAS

Desde o venres 18 de novembro ata o xoves 15 de decembro de 2022 estivo na carteleira de Cines Ribadeo a película As bestas, dirixida por Rodrigo Sorogoyen e protagonizada por Luis Zahera, Marina Foïs, Denis Ménochet e Marie Colomb.


En febreiro de 2023 celebrouse a 37º edición dos Premios Goya e As Bestas foi a película máis premiada da noite, con 9 galardóns entre os que se incluia o de mellor película
Isto provocou que o filme volvese á carteleira dos cines da nosa vila: do 5 ao 16 de febreiro e do 24 de febreiro ao 16 de marzo.


As bestas, rodada en galego, francés e castelán, presenta a Antoine e Olga, unha parella de franceses instalada nunha aldea do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos veciños non é tan idílica como lles gustaría. Un conflito cos irmáns Anta fará que a tensión aumente na vila ata acadar un punto sen retorno.

miércoles, 13 de diciembre de 2023

2022: Porta nova no cine Teatro

A mediados de agosto de 2022 eliminouse a reixa da entrada principal do cine Teatro e foi sustituida por unhas portas brancas.

Aquí podedes ver o antes e o despois da fachada do Teatro:

Antes:



Agora:


lunes, 11 de diciembre de 2023

Concerto de música de cine 2023

O 25 de agosto de 2023 ás 20.30h celebrouse no Auditorio Hernán Naval o concerto de música de cine que cada ano ofrece a Banda Municipal de Música de Ribadeo.


Ao igual que en ano anteriores, a interpretación das bandas sonoras estivo acompañada da
proxección de fragmentos das películas.

A BSO de Grease foi unha das interpretadas pola Banda

viernes, 8 de diciembre de 2023

Pesadillas 2: Noche de Halloween en Kids & Us

O venres 3 de novembro de 2023, a academia de inglés Kids & Us organizou unha noite de cine de Halloween para os maiores da escola (os Tweens de 1, 2 e 3).


A película que viron, proxectada en versión orixinal e escollida por votación na clase, foi Goosebumps 2: Haunted Halloween (Pesadillas 2: Noche de Halloween).


Para celebrar Halloween tamén se disfrazaron e fixeron o truco e trato, entre outras actividades.

jueves, 7 de diciembre de 2023

"Camarada Fraga: memoria dun franquista"

O venres 24 de marzo de 2023 ás 20.30h proxectouse na Casa do Viejo Pancho o documental "Camarada Fraga: memoria dun franquista".

O acto, organizado pola Asociación Cultural Francisco Lanza, estivo presentado por María Luisa Mon Bellón e contou coa participación de Manuel Monge, guionista do documental e membro da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

"Camarada Fraga: memoria dun franquista" mostra a cara B de Manuel Fraga, Ministro de Información e Turismo durante o franquismo e posteriormente Presidente da Xunta de Galicia, analizando o seu papel como membro activo da ditadura.