sábado, 9 de junio de 2012

2008: IV Festival creativo de curtas ON&OFF

A proxección das obras realizadas na edición anterior serviu como pistoletazo de saída do IV Festival de curtas ON&OFF, que se celebrou do 29 de xullo ao 2 de agosto de 2009.

Video promocional do ON&OFF 2008:


Programa do festival:


27 traballos formaron parte da sección oficial, que estivo dividida en varios bloques:
- 2 bloques de 6 curtas de ficción:
Salvar el mundo, Machu Pichu, Fest, Pelo Olvido, Botones e Cores.
Bilingüe, Silba Perfidia, Present Perfect, Lost in Montanaro, 18 segundos e Mínimo común múltiplo.
 - 2 bloques de 6 curtas de animación:
O pintor de ceos, El empleo, Solos, Los pecadores, Salvation e Leo.
1977, La fábula del prisionero y la flor, Revolt of the mouses, El príncipe de las basuras, Dibujo de David e Levedad.
 - 1 bloque de 3 curtas documentais:
El doctor italiano, Valkirias y Bata por fuera (mujer por dentro).

As curtas, ao igual que en anos anteriores, proxectáronse no cine Teatro, en rincóns da zona vella e no Cantón.

En A toda mecha participaron 8 equipos, que tiveron un máximo de 75 horas para realizar as súas curtametraxes.
Desta vez, a organización facilitoulles varias obras musicais cedidas pola discográfica Falcatruada, xunto cos medios necesarios para a gravación e a postprodución.
Unha condición imposta aos grupos foi a de incluír nas pezas un elemento de atrezzo e unha localización previamente indicados polos organizadores e o premio final foi de 3000€.


Fotos das rodaxes

Para ver as curtas de A toda mecha, só hai que pinchar neste enlace: http://www.youtube.com/playlist?list=PL67FF4A46BBFD9965

Entre as actividades paralelas do festival, non faltaron as Sesións Vermú, é dicir, charlas nas terrazas do Cantón e do Breogán nas que se analizaron diferentes aspectos do audiovisual e ás que acudiron profesionais do sector.


Sesión vermú

Outra das novidades desta cuarta edición foron os Filmes Concerto, coas actuacións dos grupos Contraplano e Nikouala, que combinaban música e audiovisual.

En canto ás proxecións, unha das máis esperadas do ON&OFF 2008 foi a da película Pradolongo, de Ignacio Vilar, da que xa falamos neste blog.

No marco do Intercambio Xuvenil Intercultural Audiovisual, chegaron a Ribadeo estudantes de catro países: Reino Unido, Estonia, Bulgaria e Portugal. Durante a súa estancia na vila gravaron varias curtas.

Na gala de clausura, onde actuaron Zora Gabbara e Sempre se fixo, entregáronse os premios ás curtas gañadoras, elexidas polo xurado. Este estivo formado por Elisa Vecino (Escola de Imaxe e Son da Coruña), Santiago Jaureguízar (escritor) e Xosé Lois Santiago (Festival Internacional de Cine Independente de Ourense).

Os gañadores da sección oficial foron:
  - Misto de Pau de Sabugueiro á mellor curta de ficción18 segundos de Zacharías e MacGregor.
   - Misto de Pau de Carballo á mellor curta de animaciónO pintor de ceos, de Jorge Morais.
   - Misto de Pau de Castiñeiro á mellor curta documentalBata por fóra (muller por dentro) de Claudia Prenlla.


Equipo de O ecoloxista

A mellor curta para o público foi O gran golpe, sobre a Liga Nacional de Billarda, mentres que o premio do xurado recaeu sobre O ecoloxista, no que se presenta a un mozo que rola por Ribadeo.
O premio á mellor actriz foi para Marta Lara (de Ribadeo) e o de mellor actor para Zidane (de Celeiro de Mariñaos, Barreiros).



E en 2009 chegou a quinta edición do festival, que deixou de chamarse ON&OFF para converterse en OFestivalON...