O pasado 12 de abril, proxectouse no Teatro Las maestras de la República, dirixido por Pilar Pérez Solano e premiado como mellor longametraxe documental na pasada edición dos Goya.
Las maestras de la República (2013) Pilar Pérez Solano
As mestras republicanas foron mulleres valientes e comprometidas que participaron na conquista dos dereitos das mulleres e na modernización da educación, basada nos principios da escola pública e democrática.
Este documental, a través da recreación da vida dunha mestra da época e de imaxes de arquivo inéditas, móstranos o marabilloso legado que elas deixaron e que chegou ata os nosos días.
Para saber máis sobre Las maestras de la República, podedes visitar a súa páxina web: