En setembro de 1965 chegou á pantalla do Colón a primeira película da exitosa saga de James Bond: Agente 007 contra Dr. No e en Las Riberas del Eo publicouse o seguinte artigo:
| +b.jpg) | 
| 11/09/1965 (Las Riberas del Eo) | 
|  | 
| 11/09/1965 (Las Riberas del Eo) | 
Agente 007 contra Dr. No, filme baseado na novela homónima de Ian Fleming, está protagonizada por Sean Connery, Ursula Andress e Joseph Wiseman.
Agente 007 contra Dr. No (1962) Terence Young
James Bond chega a Xamaica coa misión de investigar os asasinatos dun axente especial británico e a súa secretaria. Pero, ao mesmo tempo, descobre a existencia dunha sinistra organización na illa Crab Key. Nesta ocasión, o seu inimigo é o Doutor No, que, coa axuda do profesor Dent, proponse executar un sinistro plan: desviar a traxectoria dos foguetes de Cabo Cañaveral.
Aquí podedes ver os créditos iniciais da película:
 


