O 14 de marzo de 2014 estreouse Ocho apellidos vascos, dirixida por Emilio Martínez - Lázaro, pero a Ribadeo non chegou ata unha semana despois, ata o venres 21.
O filme, protagonizado por Clara Lago e Dani Rovira, conseguiu encher as salas de Cinelandia en varias ocasións:
06/04/2014 (Facebook Cinelandia) |
06/04/2014 (Facebook Cinelandia) |
Ocho apellidos vascos, con máis de 7'5 millóns de espectadores, xa é a película española máis taquilleira da historia, tras superar a Lo imposible, de J. Bayona.
28/04/2014 (Cinemanía) |
Se aínda non a viches, aínda estás a tempo de facelo en Cinelandia:
Abril 2014 (La Voz de Galicia) |
Ocho apellidos vascos (2014) Emilio Martínez - Lázaro
Rafa é un andaluz que nunca tivo que saír da súa Sevilla natal para conseguir o único que lle importa na vida: o fino, a gomina, o Betis e as mulleres. Pero todo cambia cando coñece á primeira muller que se resiste aos seus encantos: Amaia, unha moza vasca.
Decidido a conquistala, trasládase a un pobo de Euskadi, onde se fai pasar por vasco para vencer a súa resistencia. Adopta o nome de Antxon e varios apelidos vascos: Arguiñano, Igartiburu, Erentxun, Gabilondo, Urdangarín, Otegi, Zubizarreta e incluso Clemente.
Tráiler: