En marzo de 1954, publicouse en Las Riberas del Eo o seguinte artigo, que fai referencia a La guerra de Dios, película que probablemente foi proxectada no Colón:
20/03/1954 (Las Riberas del Eo) |
La guerra de Dios (1953) Rafael Gil
Andrés, un sacerdote recén saído do seminario e moi interesado nos problemas sociais, é destinado a unha pequena vila mineira, dividida polo odio entre clases. As relación entre os mineiros e Don César, dono da mina, son tensas, ata que un accidente na mina provoca un cambio na situación...