jueves, 19 de junio de 2014

A triloxía de Sissi nos cines ribadenses

A triloxía de Sissi está formada polas películas Sissi, Sissi Emperatriz e El destino de Sissi, protagonizadas por Romy Schneider e Karlheinz Böhm.
Como mostran os seguintes anuncios, dous destes films proxectáronse nos cines ribadenses:

Sissi no cine Colón:

21/06/1958 (Las Riberas del Eo)

El destino de Sissi no cine Colón:

07/01/1961 (Las Riberas del Eo)

E tamén El destino de Sissi no cine Teatro:

08/07/1962 (Las Riberas del Eo)
(Pinchar na imaxe para vela en grande)
08/07/1962 (Las Riberas del Eo)

Sissi (1955) Ernst Marischka

Francisco José ten que casar e aínda que a súa nai xa pensou en Helena, unha princesa bávara, o emperador namórase perdidamente de Sissi, unha moza espontánea e pouco convencional que detesta o ríxido protocolo da Corte dos Habsburgo.


Sissi Emperatriz (1956) Ernst Marischka

Despois de casar, Sissi comeza a súa nova vida como Emperatriz de Austria, pero a rixidez do protocolo é un verdadeiro problema para ela. A isto hai que sumarlle a difícil relación que mantén coa súa sogra, a Arquiduquesa Sofía, que interfire constantemente na forma de gobernar o imperio e no que máis lle importa a Sissi: o coidado da súa filla.


El destino de Sissi (1957) Ernst Marischka

Aínda que o comportamento de Sissi é exemplar, a súa ríxida sogra, a Arquiduquesa Sofía, aproveita calquera ocasión para inventar falsos romances entre Sissi e o conde Andrassy, co fin de romper o matrimonio do seu fillo e a Emperatriz. Tras contraer unha grave enfermidade pulmonar en Hungría, Sissi vese obrigada a trasladarse a Grecia para recuperarse.