viernes, 27 de junio de 2014

Verán 2014: Escola de cine de MAUmarela!

Durante os meses de xullo e agosto, coincidindo coas vacacións escolares, MAUmarela! ofrece diversas actividades para os nenos: talleres de arte, arquitectura, xadrez, ciencia e tamén unha escola de cine.



Como indican na súa web, o taller está encamiñado a que os mozos aprendan os fundamentos básicos do cine: guión, produción, escenografía, linguaxe visual, técnicas de Stop Motion, etc.

Ademais, os asistentes realizarán unha curtametraxe da que serán protagonistas e realizadores.



Para coñecer máis información sobre os talleres, podedes consultar a súa páxina web.