miércoles, 20 de agosto de 2014

Ribadeo e o cine: DEMENCIA 13

O luns 18 de agosto, no ciclo Un ollo de vidro, centrado no cine clásico de terror, proxectouse Demencia 13, a primeira longametraxe dirixida por Francis Ford Coppola.



Demencia 13 (1963) Francis Ford Coppola

Cando John Halloran morre dun infarto, a súa esposa teme non cobrar a herdanza e escribe unha carta ao resto da familia anunciando que John está nunha viaxe de negocios.
Cando se traslada á casa familiar buscando unha forma de quedarse cos cartos, descobre que a familia está a celebrar un morboso ritual...