O luns 4 de agosto e como parte do ciclo Un ollo de vidro, dedicado ao cine clásico de terror, proxectouse a película O gabinete do doutor Caligari, un clásico do expresionimo alemán dirixido por Robert Wiene.
O gabinete do doutor Caligari (1920) Robert Wiene
Sentado nun banco do parque, Francis anima ao seu compañeiro Alan para que vaian a Holstenwall, unha cidade no norte de Alemaña, a ver o espectáculo ambulante do doutor Caligari. Un empleado municipal, que lle nega ao doutor o permiso para actuar, aparece asasinado ao día seguinte. Francis e Alan acuden a ver ao doutor Caligari e o seu axudante sonámbulo, Cesare, que lle anuncia a Alan o seu porvir: só vivirá ata o amencer.