O luns 11 de agosto proxectouse A pequena tenda dos horrores, a terceira película do ciclo Un ollo de vidro, dedicado ao cine clásico de terror.
A pequena tenda dos horrores (1960) Roger Corman
Seymour Krelboin, dependente dunha floristería, está namorado da súa compañeira Audrie, pero ela sae cun sádico dentista. Un día, xusto despois dun eclipse, merca unha extraña planta, á que bautiza como Audrei II. A planta crece rapidamente, gracias a que Seymour lle da o alimento que precisa, e convértese nun exemplar espectacular, unha verdadeira atracción para toda a cidade.