O pasado venres 12 de decembro, como parte do ciclo de documentais de concienciación social organizado pola Asociación Veciñal O Tesón, proxectouse Homo Toxicus.
11/12/2014 (La Voz de Galicia) |
Homo Toxicus (2008) Carole Poliquin
Despois de someterse a unha análise detallada do seu sangue, Carole Poliquin descobre algo que podería arruinar a vida do menos paranoico dos hipocondríacos: bisferol A en botellas de auga, parabenos en cosméticos, falatos no vinilo, BPDE na electrónica, etc.
Todos os días estamos expostos a unha multitude de produtos químicos que entran no noso organismo. E é esta realidade alarmante o que preocupa á directora do documental.