sábado, 20 de diciembre de 2014

La bicicleta verde no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Onte, último día de clase antes das vacacións de Nadal, os alumnos de 3º e 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, tiveron unha sesión de cine. A película proxectada foi La bicicleta verde, a primeira película de Arabia Saudí dirixida por unha muller, Haifaa Al-Mansour.

Web IES de Ribadeo Dionisio Gamallo


La bicicleta verde (2012) Haifaa Al-Mansour

Wadjda ten dez anos e vive nunha sociedade moi tradicional na que certas cousas como montar en bicicleta están totalmente prohibidas para as mulleres. A pesar de todo, ela é unha nena divertida e emprendedora, disposta a cruzar o límite entre o autorizado e o prohibido. Wadjda desexa ter unha bicicleta para poder competir co seu amigo Abdullah nunha carreira, pero a súa nai non lle deixa porque as bicicletas son un perigo para a dignidade dunha rapaza.