Desde onte pódese ver en Cinelandia a película A Esmorga, dirixida por Ignacio Vilar e baseada na novela homónima de Eduardo Blanco Amor.
20/12/2014 (El Progreso) |
Twitter @AEsmorgaFilme |
O filme, protagonizado por Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira e Karra Elejalde, xa leva un mes na carteleira e está a ter un gran éxito en taquilla.
A Esmorga (2014) Ignacio Vilar
O filme é unha crónica tensa e intensa de 24h na vida de tres homes (Cibrán, Bocas e Milhomes), compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran cara a súa perdición.