O mes pasado, o grupo las Taradas (formado por Nuria Yribarren, Mayte Rodríguez e Lourdes Santos) abriu unha tenda de aluguer de roupa e complementos para o Ribadeo Indiano.
O local, que se atopa nas galerías da peatonal, estará aberto ata o 15 de xullo, para devolver a roupa alugada unha vez pasada a celebración.
31.05.2017 (La Voz de Galicia) |
08.06.2017 (La Voz de Galicia) |
Entre as prendas que se poden atopar, destaca parte do vestiario empregado en La princesa Paca. Esta tv movie, emitida recentemente en TVE, está protagonizada por Irene Escolar e Daniel Holguín e narra a historia de amor entre o poeta Rubén Darío e Paca Sánchez.
Na tenda tamén se poden alugar prendas utilizadas na película La promesa.