martes, 27 de junio de 2017

Proxecto-R. 1 GIANT LEAP

O pasado 21 de xuño proxectouse na Galería 56 o documental 1 Giant Leap, dirixido por Duncan Bridgeman e Jamie Catto.
O filme forma parte do Proxecto-R, ciclo de cine organizado polo colectivo Doce do patíbulo e que este mes está dedicado ao xénero documental.



1 Giant Leap (2002) Duncan Bridgeman e Jamie Catto

Este documental é unha síntese de sons, palabras e imaxes recollidas por todo o mundo. Os directores viaxaron por países como Senegal, Uganda, India e Tailandia, usando só ordenadores portátiles e unha cámara de vídeo dixital, coa misión de reunir ideas sobre temas universais da vida das persoas máis inspiradoras que atoparon.