lunes, 26 de junio de 2017

Proxecto-R. HUMAN

O 7 de xuño proxectouse na Galería 56 o documental Human, dirixido por Yann Arhus-Bertrand.
Este filme forma parte do Proxecto-R, ciclo de cine organizado polo colectivo Doce do patíbulo e que este mes está dedicada ao xénero documental.
A proxección, que non puido ter lugar no Cine Teatro como de costume, foi en versión orixinal subtitulada e a entrada foi de balde.

Cartel deseñado por Mónica Márquez 

Human (2015) Yann Arthus-Bertrand

Esta obra composta de imaxes e testemuños, retrata a humanidade de hoxe en día. É unha introspección sobre o ser humano como individuo e como ser que pertence a unha comunidade. A través das guerras, das desigualdades e das discriminacións, Human confróntanos coa realidade e a diversidade da condición humana. Máis alá do lado escuro, os testemuños mostran tamén a empatía e a solidariedade das que somos capaces.
O documental foi rodado en 60 países, durante máis de 2 anos e 2000 persoas foron entrevistadas para a súa realización.