Mañá mércores 1 de novembro, con motivo do Día dos Mortos, proxéctanse no cine Teatro dúas películas de terror.
Ás 17.30h poderase ver a longametraxe de animación Vampiros en La Habana, dirixida por Juan Padrón, e ás 21h, a versión coloreada de La noche de los muertos vivientes, de George A. Romero.
Cartel deseñado por Héctor Peña |
Vampiros en La Habana (1985) Juan Padrón
Un científico vampiro, o profesor Van Drácula, emigrou a Cuba co seu sobriño Joseph para traballar nunha fórmula que lles permita aos vampiros vivir baixo o sol. Joseph, se saber que el mesmo é un vampiro, vese envolto nunha guerra pola fórmula.
La noche de los muertos vivientes (1968) George A. Romero
As radiacións procedentes dun satélite provocan un fenómeno terrorífico: os mortos saen das súas tumbas e atacan aos homes para alimentarse. A acción comeza nun cemiterio de Pennsylvania, onde Bárbara, despois de ser atacada por un morto vivinte, refúxiase nunha granxa. Alí tamén está Ben. Os dous construirán barricadas para defenderse dunha multitude de zombies que só poden ser vencidos cun golpe na cabeza.