miércoles, 25 de octubre de 2017

Proxecto-R. TEOREMA

Tras a cancelación da proxección da semana pasada, hoxe, mércores 25 de outubro, ás 21h puido verse no Cine Teatro a película Teorema, de Pier Paolo Pasolini.
O filme forma parte do ciclo Proxecto-R, organizado polo colectivo Doce do Patíbulo e que neste mes de outubro está dedicado ao cine político.

Cartel deseñado por Mylene Ziegler


Teorema (1968) Pier Paolo Pasolini

A unha familia de clase alta italiana, formada por un matrimonio, un fillo e unha filla, chega un misterioso rapaz. Co seu atractivo físico e o seu carisma persoal, vainos seducindo a todos e facendo que o seu comportamento se altere.