sábado, 28 de octubre de 2017

Ciclo de curtas feministas na I Feira Feminista de Outono

Durante toda a xornada de hoxe, sábado 28 de outubro, celébrase en Ribadeo a I Feira Feminista de Outono, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración co Concello de Ribadeo.


O día comezará cun pasarrúas que dará paso á lectura do pregón, da man da actriz e realizadora Sonia Méndez, directora do festival Carballo Interplay.


Ademais dunha carpa con postos, coloquios, obradoiros, concertos e moitas outras actividades, haberá un ciclo de curtas feministas, que se proxectarán no Cine Teatro desde as 16h ata as 20h.