A principios de febreiro de 1936, a prensa local anuncia a chegada a Ribadeo do empresario Manuel Lens Ucar, que inaugurará o Teatro Principal, tras levar a cabo varias reformas no edificio.
O Teatro estrearase coa proxección da película Nobleza Baturra.
|
01.02.1936 (Las Riberas del Eo) |
|
Como di o seguinte artigo, despois da reparación, o Teatro conta cunha ampla sala de butacas e unha "máquina sonora".
|
08.02.1936 (Las Riberas del Eo) |
|
|
01.02.1936 (Las Riberas del Eo) |
|
|
08.02.1936 (Las Riberas del Eo) |
|
09.02.1936 (La Comarca del Eo) |
Nobleza Baturra (1935) Florián Rey
O filme, protagonizado por Imperio Argentina e ambientado no Aragón de principios do século XX, narra a historia de María del Pilar, unha moza honesta que, tras rexeitar a un antigo pretendente, é acusada por el de manter relacións sexuais fóra do matrimonio.