Mostrando entradas con la etiqueta J.K. Álvarez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta J.K. Álvarez. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de septiembre de 2013

Ribadeo en CAMINANDO AL ATLÁNTICO

Caminando entre cabos é un documental dirixido por J.K. Álvarez, protagonizado por Manuel Turnes e coa voz de Pepe Mediavilla, coñecido por ser o dobrador de actores como Morgan Freeman e personaxes como Gandalf (El señor de los anillos).


O documental, continuación de Caminando entre cabos, é unha viaxe pola costa norte de Galicia e foi rodando en distintos puntos da xeografía galega, entre eles, a praia das Catedrais:

Gravación nas Catedrais
(Foto: Facebook CSO Pictures)

Aquí podedes ver algúns fotogramas de Caminando al Atlántico, nos que aparecen a praia das Catedrais e a Illa Pancha:


Aquí tedes o tráiler do filme, que aínda non se estreou:


miércoles, 11 de septiembre de 2013

Ribadeo e o cine: CAMPING MOVIE

O pasado sábado 7 de setembro ás 16h estreouse en Cinelandia o filme Camping Movie, dirixida por J.K. Álvarez, realizador de curtas como Los fantasmas de Villavieja e da longametraxe El cuento de Duna.

06/09/2013 (El Progreso) 
07/09/2013 (La Voz de Galicia)
07/09/2013 (La Nueva España)

A película foi rodada no cámping A Nosa Casa de Barreiros e está protagonizada por Nicolás Castellanos, ademais de polos propios clientes do cámping.

Fotogramas de Camping Movie

Camping Movie (2013) J. K. Álvarez

Conan é feliz xunto co amor da súa vida, pero un día, sen previo aviso, un grupo de encapuchados secuestran á súa media laranxa, obrigando ao mozo a iniciar unha búsqueda desesperada para rescatala.
As pistas lévano ata un misterioso cámping cunha escura maldición, no que coñece a Sunshine, un gardabosques mudo do que pronto se fai amigo.
Xuntos comezan unha aventura que os leva a percorrer os rincóns máis ocultos do misterioso cámping, a coñecer os seus segredos do pasado e a descubrir quen son realmente os seus habitantes.




Para ver o tráiler de Camping Movie só tedes que pinchar aquí
E se queredes ter a película en DVD, podedes mercala na recepción do propio cámping.