Mostrando entradas con la etiqueta bad investigate. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bad investigate. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de diciembre de 2019

Ribadeo no cine: BAD INVESTIGATE

A principios do ano 2017 rodáronse en Ribadeo algunhas secuencias da película portuguesa Bad Investigate, dirixida por Luís Ismael e estreada en xaneiro de 2018.


En Bad Investigate, Romeu, un subcomisario corrupto, contrata os servizos de Cid e Alex para atrapar a un perigoso delincuente, Xavier, que escapou de México e que se dirixe a Galicia buscando ao asasino do seu irmán.

As secuencias rodadas en Ribadeo poden verse cara ao final da película, cando os protagonistas chegan a Galicia, e estes son os lugares da nosa vila que aparecen:

- Interior e exterior da igrexa de Santa María do Campo:


- Porto de Porcillán:


- Praia das Catedrais:


Outras localizacións, como a Taberna do Náutico, as escaleiras do ascensor panorámico, algunhas rúas ribadenses, unha casa particular, etc.




Ademais, a rodaxe da película contou coa participación dalgúns membros do grupo de teatro que aparecen como extras.


Esta longamentraxe non se estreou nos cines do noso país, pero xa está á venda en DVD.