jueves, 5 de diciembre de 2013

Febreiro de 1963

Carteleira do mes de febreiro de 1963:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

El tesoro de los Nibelungos (1957) Giacomo Gentilomo

Pecado de amor (1961) Luis César Amadori 

26/01/1963 (Las Riberas del Eo)

La puerta del diablo (1950) Anthony Mann

Don Lucío y el hermano Pío (1960) José Antonio Nieves Conde

Ferias de México (1959) Rafael Portillo

09/02/1963 (Las Riberas del Eo)

  - Cine Teatro

Tú a Boston y yo a California (1961) David Swift

Los héroes también lloran (1956) George Seaton 

París bajos fondos (1952) Jacques Becker 

09/02/1963 (Las Riberas del Eo)

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Xaneiro de 1963

A principios de 1963, había dous cines en Ribadeo: o Colón e o Teatro.

Esta é a carteleira de xaneiro de 1963:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Un ángel pasó por Brooklyn (1957) Ladislao Vajda

Ventolera (1961) Luis Marquina

Los crímenes de Ágata (1960) Dietrich Haugk

Al sur del Pacífico (1958) Joshua Logan

05/01/1963 (Las Riberas del Eo)

Suave es la noche (1961) Henry King

Pelusa (1960) Javier Setó

Los tres etc. del Coronel (1962) Claude Boissol

12/01/1963 (Las Riberas del Eo)

Cartouche (1962) Philippe de Broca

Regresa un desconocido (1961) Juan Bosch

26/01/1963 (Las Riberas del Eo)


  - Cine Teatro

El Cid (1961) Anthony Mann

05/01/1963 (Las Riberas del Eo)

Marco Polo (1962) Piero Pierotti e Hugo Fregonese

Al otro lado de la ciudad (1962) Alfonso Balcázar

Ruta de titanes (1960) Guido Malatesta

12/01/1963 (Las Riberas del Eo)

Tómbola (1962) Luis Lucía

Sueños de mujer (1960) Alfonso Balcázar

26/01/1963 (Las Riberas del Eo)

lunes, 2 de diciembre de 2013

1933: As Misións Pedagóxicas en Ribadeo

Do 23 ao 28 de novembro de 1933, durante a II República, estiveron en Ribadeo as Misións Pedagóxicas, que tiñan como obxectivo achegar a cultura ás vilas, especialmente ao rural, onde as taxas de analfabetismo eran moi elevadas.

25/11/1933 (Las Riberas del Eo)
26/11/1933 (La Comarca del Eo)

Entre as actividades das Misións Pedagóxicas destacaban unha exposición de réplicas das obras do Museo do Prado, o servizo de biblioteca, obras de teatro e proxeccións cinematográficas.
Como o Patronato tan só contaba con dous aparellos de cine sonoro, na maioría das expedicións proxectouse cine mudo acompañado da música dunha gramola. As películas proxectadas eran ou cómicas (de Chaplin ou de debuxos animados) ou documentais.
No caso de Ribadeo, como indican os artigos anteriores, tratábase de sesións de cine infantil.

Proxección de cine das Misións Pedagóxicas

Se queredes coñecer máis información sobre as Misións Pedagóxicas recoméndovos que visitedes estas webs:

domingo, 1 de diciembre de 2013

18 de setembro de 1971: Reinauguración do cine Teatro

O sábado 18 de setembro de 1971 e tras levar varios anos pechado, o Teatro foi reinaugurado coa proxección da película El fuego y la palabra, protagonizada por Burt Lancaster e Jean Simmons.
Como se pode ler no seguinte artigo, nesta nova etapa o Teatro está en mans da empresa de espectáculos Celta, que levou a cabo novas reformas no interior do edificio antes da súa reapertura:

19/09/1971 (La comarca)

El fuego y la palabra (1960) Richard Brooks

Elmer Gantry é un home oportunista e extremadamente inmoral. Un día asiste por casualidade a unha reunión relixiosa e ao darse conta do fácil que é gañar cartos como predicador, convértese á relixión evanxélica. Xunto coa irmá Sharon Falconer, Elmer pronuncia sermóns estremecedores que o levan a conseguir fama e diñeiro, pero un xornalista segue os seus pasos para desenmascaralo. Ademais, a situación complícase aínda máis cando reaparece na súa vida unha antiga amiga que fará que Gantry se enfronte ao seu escuro pasado...


sábado, 30 de noviembre de 2013

1970: Ribadeo en TVE

En novembro de 1970 emitiuse en TVE unha reportaxe sobre Ribadeo, na que se amosaba o máis representativo da vila, como se explica neste artigo de Las Riberas del Eo:

28/11/1970 (Las Riberas del Eo)

martes, 26 de noviembre de 2013

Habitarte. V Festival de cine SOStible

Os pasados días 22 e 23 de novembro celebrouse en Ribadeo o V Festival de cine sostible. Habitarte, organizado polo colectivo La casa azul.



Esta foi a primeira vez que o festival tivo lugar en Ribadeo, xa que as edicións pasadas desenvolvéronse en Castropol, Tapia, A Caridad e Navia.

06/11/2013 (La Nueva España)
21/11/2013 (La Voz de Galicia)

As proxeccións das curtas, longas e documentais estiveron acompañadas de coloquios e as obras que formaron o programa foron:

VENRES:

Pero se son un bo rapaz, de Scott Benson
Libre, de Joaquín Oristrell
Á deriva, polos circuitos da precariedade feminina
O ataque dos robots de Nebulosa 5, de Chema García Iglesias
Lar, doce lar, de Ursula Meier


SÁBADO:

Contubernios líricos: X edicións resistindo, de J.K. Álvarez
2 anos madreñeando en Oviedo
As cores do vento, de Iván Menéndez
A árbore: o poder da actitude, de Lead India
Sementes de transición (a voz do vento), de Carlos Pons

viernes, 22 de noviembre de 2013

Ribadeo na tele: V televisión

É frecuente que Ribadeo apareza na televisión: en programas, en informativos, na continuidade das canles, etc.


As cámaras de V televisión (canle privada autonómica que iniciou as súas retransmisións en 2010) desprazáronse en varias ocasións ata a nosa vila. Estes son só algúns exemplos de programas de V nos que aparece Ribadeo:


DE BARES
Neste espazo dedicado a amosar bares galegos, apareceron a cafetería La Lira, o Café Español e a Cofradía de Rinlo.


Pincha aquí para ver os programas completos:

PERDIDOS EN GALICIA
Na primeira tempada deste programa, a viaxe por Galicia dos protagonistas comeza en Ribadeo: visitan as Catedrais, pasean por Porcillán, polo parque, etc.


Pincha aquí para ver o programa completo:

VAIA PRAIA
As Catedrais e os Castros están presentes neste espazo que amosa as praias galegas.


Pincha aquí para ver o programa completo:

TU NIGHT
Tu night visitou Ribadeo en dúas ocasións. Na primeira delas, Raquel Atanes aloxouse no Hotel Mi Norte, ceou no San Miguel e despois foi á Bugalla, ao Rockuncho, ao Pasillo, ao Ribanzo, ao Tres60 e ao Molino. A segunda vez, a reporteira hospedouse en La Villa, ceou na Botellería e foi ao Náutico, a D'Sons e, unha vez máis, ao Molino.




Pincha aquí para ver o programa completo: