Do 23 ao 28 de novembro de 1933, durante a II República, estiveron en Ribadeo as Misións Pedagóxicas, que tiñan como obxectivo achegar a cultura ás vilas, especialmente ao rural, onde as taxas de analfabetismo eran moi elevadas.
25/11/1933 (Las Riberas del Eo) |
26/11/1933 (La Comarca del Eo) |
Entre as actividades das Misións Pedagóxicas destacaban unha exposición de réplicas das obras do Museo do Prado, o servizo de biblioteca, obras de teatro e proxeccións cinematográficas.
Como o Patronato tan só contaba con dous aparellos de cine sonoro, na maioría das expedicións proxectouse cine mudo acompañado da música dunha gramola. As películas proxectadas eran ou cómicas (de Chaplin ou de debuxos animados) ou documentais.
No caso de Ribadeo, como indican os artigos anteriores, tratábase de sesións de cine infantil.
Proxección de cine das Misións Pedagóxicas |
Se queredes coñecer máis información sobre as Misións Pedagóxicas recoméndovos que visitedes estas webs: