domingo, 5 de agosto de 2012

1942: Directores

En 1942, en Ribadeo proxectáronse algunhas películas de directores españois como Adolfo Aznar e Jose Buchs.

ADOLFO AZNAR (1900 - 1975)

Adolfo Aznar foi un escultor e cineasta aragonés.
Aínda que a maior parte das súas películas xa non se conservan, na súa filmografía atópanse títulos como Colorín (1928), Miguelón o el último contrabandista (1933), El milagro del Cristo de la Vega (1940) e El rey de Sierra Morena (1949).
Tamén dirixiu obras para o público infantil: Pupín y sus amigos (1931) e Pipo y Pipa en busca de Cocolín (1936), que non chegou a estrearse a causa do estalido da Guerra Civil.
Nos anos 30 e 40 rodou documentais por encargo de diversos organismos, como por exemplo, Castilla se liberta (1937), para a CNT.


JOSÉ BUCHS (1896 - 1973)

José Buchs foi un director de cine nacido en Santander.
Na década dos 20 dirixiu unha gran cantidade de películas, entre as que se atopan La verbena de la Paloma (1921), Carceleras (1922) ou Curro Vargas (1923).
Posteriormente, seguiu facendo películas como Prim (1931), El rayo (1939), Flora y Mariana (1940), Brindis al cielo (1954), etc.