O venres 30 de xullo de 2010, no marco
de OFestivalON VI, proxectouse en Ribadeo a película Crebinsky.
O director do filme, Enrique Otero, e
os seus protagonistas, Miguel de Lira e Sergio Zearreta, estiveron presentes na
proxección, que deu comezo as 21.30h no cine Teatro.
Miguel de Lira e Enrique Otero |
Ao día seguinte, coincidindo coa gala de clausura do festival, houbo un pasarrúas da Banda dos Crebinsky.
A Banda dos Crebinsky |
SINOPSE: Crebinsky (Enrique Otero, 2011)
As choivas torrenciais provocan a
enchente do río, que inunda unha vila. A corrente arrastra aos irmáns Crebinsky
e á súa vaca, que aparecen milagrosamente vivos nun lugar da costa.
O seu día a día coa vaca Muchka vese
alterado cando esta desaparece e é entón cando os irmáns inician unha busca
desesperada que os levará da costa cara ao interior.
Sen saber cara onde van, os Crebinsky
rematan descubrindo de onde veñen.
TRAILER:
Para coñecer máis sobre a película, podedes botarlle un
vistazo á súa páxina web: