En numerosas ocasión, os veciños de Ribadeo puideron desfrutar do cine a través da súa música, xa que tanto a Banda Municipal de Música como a Coral Polifónica ofreceron concertos nos que interpretaron bandas sonoras de coñecidas películas.
Estes son tan só algúns exemplos destes concertos:
Concerto de música de cine
O día 25 de xullo de 1994 tivo lugar no parque un concerto de música de cine.
Nunha pantalla xigante fóronse proxectando imaxes de coñecidas películas como West Side Story ou Memorias de África, á vez que a Banda Municipal de Ribadeo interpretaba as súas correspondentes bandas sonoras.
Concerto de música de cine
O día 25 de xullo de 1994 tivo lugar no parque un concerto de música de cine.
Nunha pantalla xigante fóronse proxectando imaxes de coñecidas películas como West Side Story ou Memorias de África, á vez que a Banda Municipal de Ribadeo interpretaba as súas correspondentes bandas sonoras.
1994 (La Voz de Galicia) |
I Certame Internacional de Bandas e Concurso
de Composición de Música de Cine
Os días 25 e 26 de xullo de 2003
celebrouse na Praza de Abaixo, tendo o Cine Colón como telón de fondo, o I
Certame Internacional de Bandas e Concurso de Composición de Música de Cine.
Nel participaron as bandas de música de
Valga, Viveiro, Candeán, Valadares, Beade, Ribadeo e Lalin.
O 1º premio foi para a Banda de Lalín,
dirixida por Marcel Van Bree. Durante a súa actuación interpretaron pezas de
Robin Hood, príncipe de los ladrones, de La Strada e de James Bond.
O 2º e o 3º premio foron para a Escola
de Música de Beade e para a Unión Musical de Valadares, respectivamente.
O xurado estivo composto por Sef
Pijers, director e profesor de clarinete; Rafael Taléns, compositor e director;
José Ramón Martínez Reyero, estudiante de dirección de orquestra e composición
e por Celia Alcedo, titulada superior en canto.
O certame estivo organizado pola
Asociación Amadores da Música, a Banda Municipal de Ribadeo, o Concello de
Ribadeo e a Xunta de Galicia.
24/07/2003 (La Voz de Galicia) |
25/07/2003 (La Voz de Galicia) |
Música... de película
En xullo de 2011, o Cine Teatro acolleu o concerto Música...
de película, que serviu como peche do curso A Torre dos Moreno e a arte do seu
tempo.
Neste concerto a Coral Polifónica de Ribadeo interpretou
algúns temas de Desayuno con diamantes, El álamo, Los chicos del coro e Mar
adentro, á vez que se proxectaban imaxes de ditos filmes.
Esta non foi a primeira vez que a Coral ofreceu un concerto
así, posto que xa o fixera en agosto de 2007.
Banda sonora de Os mortos van á présa
E tampouco hai que esquecer que a Banda Municipal de Música
de Ribadeo interpretou a banda sonora, composta por Arturo Kress, da película
Os mortos van á présa.
Aquí pódese escoitar un dos temas principais:
Películas ás que se fai referencia:
West Side Story (1961) Jerome Robbins e Robert Wise
Memorias de África (1985) Sydney Pollack
Robin Hood, príncipe de los ladrones (1991) Kevin Reynolds
La Strada (1954)
Federico Fellini
Desayuno con diamantes (1961) Blake Edwards
El álamo
(1960) John Wayne
Los chicos del coro (2004) Christophe Barratier
Mar adentro
(2004) Alejandro Amenábar
Os mortos van á presa (2008) Ángel de la Cruz