O pasado martes 30 de xullo de 2013, no marco das XI Xornadas de Historia Local, organizadas pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, proxectouse no Teatro o documental Morreu o demo, acabouse a peseta.
Libro - DVD Morreu o demo, acabouse a peseta. |
Morreu o demo, acabouse a peseta (2012) Pedro Soller
Entre 1910 e 1960, unha familia de marionetistas, os Silvent, gañou a vida levando o seu espectáculo de feira en feira. A estrela do espectáculo era un boneco de luva chamado Barriga Verde, que chegou a ser moi popular en toda Galicia.
Co obxecto de restaurar a memoria do personaxe, a compañía de títeres Viravolta construíu unha réplica da vella barraca dos Silvent.
Afondando na xenealoxía de Barriga Verde, o filme lévanos nunha viaxe internacional na busca das raíces comúns do teatro popular de marionetas europeo.
Aquí podedes ver un adianto do documental: http://vimeo.com/45668248
Viravolta |
Comba Campoy, que foi a encargada de presentar o documental, estivo acompañada de Juan Silvent, fillo de Santiago Silvent, un dos fundadores de Barriga Verde.
Juan Silvent e Lidia López |
Ribadeo está presente no documental a través de Juan Silvent e a súa muller Lidia López que, desde a súa casa da Devesa, recordan como percorrían as vilas da zona co cine ambulante.
Como eles mesmos contan en Morreu o demo, acabouse a peseta, polos altavoces anunciaban as películas (as que máis gustaban eran "as de vaqueiros, Sara Montiel e Martín Corona") e a partir das nove e media da noite, a xente comezaba a chegar á proxección.
Fotogramas do documental |
Créditos do documental |
Se queredes máis información sobre este tema, podedes visitar a páxina web do proxecto Barriga Verde (http://www.barrigaverde.eu) e seguilos en Facebook (Proxecto Barriga Verde) e Twitter (@MorreuOdemo).