miércoles, 7 de agosto de 2013

Salas completas en Cinelandia

Onte, martes 6 de agosto de 2013, pódese dicir que foi un "día histórico" para Cinelandia, xa que por primeira vez nos seus 10 anos de historia, as dúas salas estiveron completas nas dúas sesións.

Imaxe: Facebook Cinelandia

As películas que se proxectaban, ás 20.30h e ás 23h, eran Guerra Mundial Z e Los Pitufos 2:



Un pouco antes das 20.30h, a cola da taquilla chegaba ao final da rúa e fomos moitos os que tivemos que marchar porque xa non quedaban entradas.






O día chuvioso e a gran cantidade de turistas que hai en Ribadeo nestas datas, tiveron moito que ver á hora de encher as salas, aínda que hai que recordar que esa tarde tamén había outras ofertas de ocio, como por exemplo o Dépor - Oviedo no campo de fútbol e o Mago Antón no Teatro:

Esperemos que as salas de Cinelandia volvan a encherse de espectadores en moitas máis ocasións!