En 1958, no cine Colón proxectouse a película Torero, dirixida polo galego Carlos Velo:
CARLOS VELO (1909 - 1988)
Carlos Velo naceu en Cartelle (Ourense), pero a Guerra Civil levouno a exiliarse en México, onde pasou gran parte da súa vida.
Frecuentaba as sesións de cine da Residencia de Estudiantes de Madrid, onde coñeceu a Lorca e Buñuel, e cofundou o cineclube da Federación Universitaria Escolar.
Velo, que estudara bioloxía, foi o encargado de proporcionarlle a Luis Buñuel as formigas vermellas que precisaba para a rodaxe de Un perro andaluz.

Carlos Velo dirixiu documentais como Almadrabas (1934) e Galicia (1937) e longametraxes como Torero (1956) e Pedro Páramo (1969), entre outras.
Carlos Velo con Luis Buñuel e Juan Antonio Bardem |