O sábado 17 de agosto de 2013, o Teatro acolleu o concerto de presentación do último traballo de Zahara: La pareja tóxica e tamén se proxectou a súa curta: Leñador y la mujer América.
O acto estivo organizado por Bandeed e o Concello de Ribadeo.
Leñador y la mujer América é unha curtametraxe producida por Nysu Films, dirixida por Jesús Hernández e protagonizada por Zahara, Christian Monasterios e Alfonso Alonso.
O proxecto comezou cun videoclip de Zahara que emulaba o tráiler dunha película de instituto norteamericano dos 80. Despois, a historia do tráiler desenvolveuse, dando lugar á curta Leñador y la mujer América.
A curta foi presentada en numerosas cidades de España na Xira Leñador.
Instagram: Zahara |
Leñador y la mujer América gañou o premio á Mellor produción de ficción e á Mellor dirección na sección de videocreación do Festival de Málaga 2013.
SINOPSE: Leñador y la mujer América (Jesús Hernández, 2011)
Zoe, a máis popular do instituto, vive un romance con Patrick, o guapo capitán do equipo de fútbol americano... Son a parella perfecta ata a chegada de Leñador, un novo compañeiro de clase que segrega sustancias tóxicas e aditivas.
Zoe namórase de Leñador e ten que escoller entre el ou Patrick. Pero o que ela non imaxina é que esa decisión cambiará para sempre a vida de todos...
Aquí podedes ver o tráiler: http://vimeo.com/30685287
Se queredes coñecer máis información sobre Leñador y la mujer América, podedes visitar a súa páxina web, facebook e twitter.
Instagram: Zahara |