viernes, 15 de noviembre de 2013

1962: Directores

En 1962, nos cines ribadenses proxectáronse películas de grandes directores, como por exemplo Vicenti Minnelli:

VICENTE MINNELLI (1903 - 1986) 

Vicenti Minnelli foi un director de cine norteamericano.
Empezou a súa carreira no mundo do teatro e nos seus inicios, incluso chegou a dirixir algún musical en Broadway.
En 1937, da o salto ao cine e traballa para a Paramount e a Metro Goldwyn Mayer.
Minnelli é recordado especialmente polos seus musicais: Un americano en París (1951), Melodías de Broadway 1955 (1953), Brigadoon (1954), Gigi (1958), etc.
Entre a súa filmografía tamén se atopan títulos como: El padre de la novia (1950), El padre es el abuelo (1951), Cautivos del mal (1952), El loco del pelo rojo (1956), Como un torrente (1958) ou Con él llegó el escándalo (1960), entre outros.
Vicente Minnelli é pai da actriz e cantante Liza Minnelli, froito da súa relación con Judy Garland, protagonista de El mago de Oz (1939).

Vicenti Minnelli e Judy Garland coa súa filla Lizza

Ese mesmo ano, polo Colón e o Teatro tamén pasaron películas de Roberto Rossellini e Luchino Visconti, dous dos representantes do neorrealismo italiano.