viernes, 22 de noviembre de 2013

Ribadeo na tele: V televisión

É frecuente que Ribadeo apareza na televisión: en programas, en informativos, na continuidade das canles, etc.


As cámaras de V televisión (canle privada autonómica que iniciou as súas retransmisións en 2010) desprazáronse en varias ocasións ata a nosa vila. Estes son só algúns exemplos de programas de V nos que aparece Ribadeo:


DE BARES
Neste espazo dedicado a amosar bares galegos, apareceron a cafetería La Lira, o Café Español e a Cofradía de Rinlo.


Pincha aquí para ver os programas completos:

PERDIDOS EN GALICIA
Na primeira tempada deste programa, a viaxe por Galicia dos protagonistas comeza en Ribadeo: visitan as Catedrais, pasean por Porcillán, polo parque, etc.


Pincha aquí para ver o programa completo:

VAIA PRAIA
As Catedrais e os Castros están presentes neste espazo que amosa as praias galegas.


Pincha aquí para ver o programa completo:

TU NIGHT
Tu night visitou Ribadeo en dúas ocasións. Na primeira delas, Raquel Atanes aloxouse no Hotel Mi Norte, ceou no San Miguel e despois foi á Bugalla, ao Rockuncho, ao Pasillo, ao Ribanzo, ao Tres60 e ao Molino. A segunda vez, a reporteira hospedouse en La Villa, ceou na Botellería e foi ao Náutico, a D'Sons e, unha vez máis, ao Molino.




Pincha aquí para ver o programa completo: