lunes, 18 de noviembre de 2013

Cine e teatro: Eurozone

O pasado domingo 27 de outubro, a compañía de teatro Chévere representou Eurozone no auditorio municipal de Ribadeo.
A obra está protagonizada por Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza VillarMiguel de LiraManuel CortésIván Marcos, Borja Salcedo e Pepe Penabade.


Eurozone analiza a crise da zona euro establecendo un paralelismo coa película Reservoir Dogs, dirixida por Quentin Tarantino.
As referencias ao filme de Tarantino son continuas ao longo da obra, xa desde a primeira secuencia, que podedes ver pinchando aquí.


Por exemplo, en Reservoir Dogs os protagonistas teñen nomes de cores (Señor Marrón, Señor Azul, Señor Rosa...) e en Eurozone de países (Francia, Alemñana, España...) e mentres que en Reservoir Dogs hai un personaxe que se está desangrando durante toda a película, en Eurozone é España quen se desangra.
Ademais, a iluminación, o vestiario e en xeral toda a posta en escena da obra, teñen unha clara estética tarantiniana.



Para saber máis sobre Eurozone, podedes visitar a súa páxina web

Reservoir Dogs (1992) Quentin Tarantino

Unha banda organizada é contratada para atracar unha empresa e roubar uns diamantes. Pero antes de que soe a alarma, a policía xa está alí. Algúns membros da banda morren no enfrontamento coas forzas da orde e os demais reúnense no lugar acordado...